14 febrero 2006

DEMÓSTRALLE Á DIRECTORA DE RTVE O AMOR Á LINGUA!

O 14 de febreiro envíalle á Carmen Caffarel a demostración do noso amor polo galego e achégalle as solicitudes para que RTVE non discrimine o galego. O 14 de febreiro envíalle á Carmen Caffarel a demostración do noso amor polo galego e achégalle as solicitudes para que RTVE non discrimine o galego.

Carmen Caffarel
Directora Xeral RTVE
Prado del Rey, s/n
28223
Pozuelo de Alarcón
Madrid

Señora Directora Xeral:

Neste 14 de febreiro quero amosarlle o meu amor pola lingua galega e achegarlle a miña preocupación porque RTVE discriminou todos estes anos a Galiza. É urxente a recuperación do tempo perdido e que mellor xeito de comezar que equipararnos ás actuacións que RTVE fai en Cataluña.
Por iso pídolle:

1. A recuperación dunha emisora de RNE na nosa lingua (Radio 4), que en Cataluña continúa existindo, mais en Galiza deixou de emitir en 1992.

2.- Que as desconexións de TVE para Galiza se equiparen ás catalás.

3.- Que, na emisión dixital, TVE ofreza versión en galego de todos os filmes, retransmisións deportivas e de todas as series infantís e xuvenís.

4.- Nos programas estatais, potenciar a presenza habitual de solistas e grupos musicais que fan uso das diferentes linguas do Estado, incluído o galego.

5.- Que as páxinas web de RNE e TVE conten tamén cunha versión en galego.
Espero que RTVE deixe de ser alleo á realidade lingüística e cultural de Galiza e cumpra coa obriga de ser un servizo público.

Con confianza na boa acollida desta misiva, reciba unha aperta.
mailto:consultas@rtve.es